FAQ

Preguntas frecuentes

Si, o financiamento do litixio, e por tanto o encargo profesional a MLAB Abogados S.L.P, depende de que se reúnan por lo menos 2.500 millóns de litros de leite vendidos durante o período do cártel (2000-2013). O rexistro do gandeiro na plataforma deberá ser completado antes do 15 de setembro de 2020 para poder enviar o burofax que interrompa a prescrición antes do vencemento do prazo da prescrición o día 30 de setembro de 2020.

Si, pódense reclamar as vendas de leite a empresas que, aínda tendo participado no cártel, non foron sancionadas pola CNMC ao ter prescrito a infracción en vía administrativa. Con todo, que a infracción administrativa haxa prescrito non impide a reclamación dos danos en vía civil, xa que non prescribiu a infracción civil constatada na Resolución da CNMC.

Si, aínda que non vendese leite a ningunha das empresas sancionadas pode reclamarlles polo dano sufrido nas vendas a terceiros alleos ao cártel. O cártel provocou unha baixada dos prezos do leite cru que afectou a todo o mercado. Por tanto, aínda non vendendo ás integrantes do cártel, vostede recibiu un prezo inferior ao que lle correspondería nun mercado competitivo.

Si, tamén se viu afectado polo cártel, dado que recibiu un prezo inferior ao que lle correspondería en ausencia do mesmo, como consecuencia da baixada xeneralizada dos prezos do leite.

O prazo de prescrición é o dun ano que contempla o noso Código Civil para reclamar por responsabilidade extracontractual. O prazo finalizaba o 11 de xullo de 2020, mais debido ó estado de alarma e a conseguinte suspensión dos prazos, foi ampliado ata o 30 de setembro de 2020.

En canto a se o prazo empeza a contar a partir de que a Resolución da CNMC deveña firme (isto é, cando sexa definitivamente confirmada xudicialmente), aínda non hai xurisprudencia na materia, polo que o máis prudente é interromper a prescrición agora.

Con todo, a demanda xudicial de danos, sempre que sexa precisa por non ser posible unha transacción extraxudicial, non se presentará ata que a Resolución, que actualmente está recorrida en vía contencioso-administrativa ante a Audiencia Nacional, sexa firme.

Si, se vendeu leite cru de vaca entre os anos 2000 e 2013 pode reclamar, independentemente de se segue en activo, pechara ou xubilárase.

Si, non é necesario que vendese leite durante todo o período de duración do cártel. Pode reclamar polos litros vendidos durante os anos concretos en que comercializase o seu leite.

Ademais de rexistrarse na plataforma e asinar os distintos documentos (un apoderamento aos avogados de MLAB Abogados, S.L.P., un acordo de recompilación de datos con CDC e máis adiante a folla de Termos e Condicións da financeira do litixio NIVALION) é necesario probar os litros de leite vendidos entre 2000 e 2013 e o prezo cobrado polo leite vendido, xa sexa mediante facturas nas que figure o prezo de venta e o volume vendido ou con calquera outro documento (existe a posibilidade de solicitar estes datos ao FEGA) que acredite os litros vendidos e o importe percibido.

Non, para interromper a prescrición vía burofax antes do 15 de setembro só é necesario que asine o poder de representación e o contrato de recompilación de datos. Tamén necesitamos unha estimación dos litros de leite vendidos entre 2000 e 2013.

Máis adiante si necesitaremos facturas (ou datos da FEGA) para acreditar as vendas de leite (volume e prezo) e a Folla de Termos e Condicións de NIVALION, a financeira do litixio, asinada. Máis neste momento e para a reclamación por burofax aínda non fan falta.

No caso de que as empresas sancionadas pola CNMC ameacen con tomar represalias se un gandeiro reclámalles danos, aconsellámoslle que o poña en coñecemento da CNMC, quen estará moi interesada en coñecer se houbo algún tipo de ameaza ou represalia que poida infrinxir as normas de defensa da competencia.

Se perde a reclamación, o xuíz pódelle condenar a pagar as custas xudiciais das industrias demandadas. Con todo, aceptando a nosa oferta, non terá que preocuparse por iso, xa que a financeira de litixios NIVALION cubrirá calquera custo ou risco do litixio, incluídas as custas para os gandeiros que subscriban a súa Folla de Termos e Condicións e o futuro Acordo de Financiamento do Litixio.

Se perde, non terá que pagar nada.

Depende de como se realizaron ditas vendas de leite. Vostede pode reclamar tanto se a cooperativa repercutía o prezo de venda á industria láctea ao prezo de venda do gandeiro á cooperativa, coma se a cooperativa só negociaba colectivamente coas industrias pero o contrato de compravenda de leite concluíao o gandeiro-socio individualmente. A determinación dos danos sufridos formará parte da análise económica detallada que terá lugar unha vez interrompido o prazo de prescrición.

Dado que a Resolución da CNMC só declarou probada a existencia do cártel durante os anos 2000 a 2013, en principio a reclamación soamente terá como obxecto reclamar os danos derivados do cártel durante os anos 2000 a 2013, que deberán probarse mediante as correspondentes facturas nas que figure o prezo de venda e o volume vendido ou con calquera outro documento que acredite os litros vendidos e o importe percibido. En todo caso, os nosos economistas analizarán se o cartel sancionado pola CNMC tivo efectos sobre os prezos mais aló de 2013, nese caso poderíanse reclamar os danos tamén para un período posterior.

Ten algunha outra pregunta?