Oferta de reclamación de danos e prexuízos para os gandeiros MLAB Abogados & CDC Cartel Damages Claims Experiencia garantida MLAB Abogados é o despacho de referencia español en Dereito da Competencia desde hai 35 anos

Se vendeu leite entre 2000 e 2013, ten dereito a reclamar

Sobre o Cártel

O 11 de xullo de 2019, a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) sancionou ás principais industrias lácteas que operan en España por infrinxir as normas de Dereito da Competencia entre 2000 e 2013 (Expte. S/0425/12 INDUSTRIAS LÁCTEAS 2, “Cártel de la leche”).

Durante estes anos, as industrias intercambiaron información sobre prezos de compra de leite cru de vaca, volumes de compra de gandeiros e excedentes de leite, o que lles permitiu coordinar as súas estratexias comerciais, limitando a competencia no mercado de aprovisionamento de leite cru de vaca e impedindo aos gandeiros obter prezos de mercado para o seu leite cru. Isto é o que se coñece como o Cártel do leite.

Os gandeiros teñen dereito a reclamar ás empresas responsables do cártel unha indemnización por danos e prexuízos equivalente à cantidade que deixaron de percibir como consecuencia destas prácticas contrarias á competencia máis os intereses devindicados desde que se produciu o dano. Segundo a Nota de Prensa da CNMC do 12 de xullo de 2019, “calquera persoa ou empresa que se considere afectada polas prácticas anticompetitivas descritas nesta Resolución pode presentar unha demanda de danos e prexuízos derivada das citadas condutas pola infracción da normativa de defensa da competencia ante os tribunais civís”.

Entrevista da Televisión de Galicia a Helmut Brokelmann, socio-director de MLAB Abogados, onde informa os gandeiros do seu dereito para reclamar ás empresas responsables do cártel do leite unha indemnización polos danos e prexuízos sufridos como consecuencia desta práctica contraria á libre competencia.

A nosa oferta

Reclamación de danos

Quen pode reclamar?

Poden reclamar todos os gandeiros -ben en activo ou xa retirados- que vendesen leite cru de vaca ás empresas que participaron no cártel durante os anos 2000 a 2013 (xa sexa como persoa física ou a través dunha sociedade ou cooperativa) e que, por tanto, víronse afectados pola concertación á baixa dos prezos. Poden reclamar tamén os que vendesen a leite cru a terceiros non partícipes no cártel.

Que entidades participaron no cártel?

As empresas que participaron no cártel do leite son:

  • Calidad Pascual, S.A. (antes Grupo Leche Pascual, S.A.)
  • Central Lechera de Galicia (CELEGA, S.L.)
  • Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.
  • Danone, S.A.
  • Grupo Lactalis Iberia, S.A.
  • Nestlé España, S.A.
  • Industrias Lácteas de Granada, S.L.U. (antes PULEVA FOOD, S.L.)
  • Schreiber Food España, S.L. (antes SENOBLE IBERICA, S.L.)
  • Asociación de Empresas Lácteas de Galicia
  • Gremio de Industrias Lácteas de Cataluña
  • Industrias Lácteas Asturianas, S.A.
  • Grupo Leite Río, S.A.
  • Feiraco Lácteos, S.L.
  • Leche Celta, S.L.
  • Forlactaria Operadores Lecheros, S.A.
  • Central Lechera Asturiana, S.A.T.

Sen custo nin risco para o gandeiro

Ao aceptar esta oferta, non terá que preocuparse polo custo ou risco do litixio xa que, en cooperación co noso financiador NIVALION, proporcionarémoslle plena cobertura de:
  • Todos os gastos de defensa legal (MLAB e procuradores).
  • O custo da empresa de xestión de litixios masivos (CDC).
  • O custo dos peritos economistas (Compass Lexecon).
  • As custas xudiciais en caso de condena en custas aos gandeiros.

Canto poden reclamar?

Os gandeiros poderán reclamar o prezo que deixaron de percibir como consecuencia da concertación á baixa dos prezos por parte das industrias lácteas máis os intereses devindicados. Na súa Resolución, a CNMC estima que as industrias lácteas manipularon o prezo máis dun 10% á baixa, polo que cada gandeiro podería reclamar como mínimo o 10% da súa facturación durante a duración do cártel máis os intereses devindicados. Con todo, trátase dunha cifra aproximada, debendo acreditarse caso por caso mediante informe pericial cal foi o prexuízo concreto.

Cal é o prazo para reclamar?

A acción para poder reclamar danos e prexuízos prescribe o 30 de setembro de 2020, polo que é importante interromper o prazo de prescrición antes desa data mediante reclamación extraxudicial a remitir ás empresas infractoras vía burofax antes do 15 de setembro de 2020.
image

Un gran equipo

O equipo liderado por Helmut Brokelmann destaca por combinar os mellores avogados, economistas e expertos de xestión de datos/soluciones IT en reclamacións de danos con condicións financeiras transparentes e equitativas que cobren TODOS os riscos e aseguran, en caso de éxito, que os gandeiros perciban gran parte (arredor do 70%) da cantidade que se estime en concepto de indemnización polos danos sufridos e os intereses legais devindicados desde 2000.

MLAB Abogados

  • Despacho de referencia español en asuntos de Dereito da Competencia desde hai 35 anos.
  • Recoñecido por casos famosos como as sentenzas Canal Satélite Digital, cártel de sobres de papel, cártel de fabricantes de camións, litixio de danos ante a High Court of England and Wales por cártel UE e demandas de danos de estacións de servizo contra petroleiras.
  • Helmut Brokelmann, avogado principal da presente demanda, está invariablemente presente nos primeiros postos de Chambers Europe e Legal 500, que o sitúan na súa “Banda 1”, e está recoñecido como Thought Leader polo directorio legal Who’s Who of Competition Lawyers.

Visita o seu sitio web

CDC Cartel Damage Claims

  • Pioneiro en Europa e un dos principais especialistas na interposición de demandas por danos e prexuízos derivadas de infraccións da lexislación de competencia da Unión Europea e das lexislacións nacionais da competencia.
  • Un historial sobresaliente, con sentenzas históricas ante os tribunais nacionais e da Unión Europea.
  • Solucións técnicas legais a medida.
  • Actualmente, xestiona reclamacións por 1.500 millóns de euros nos cárteles máis coñecidos (cemento, fabricantes de camións, azucre, etc.).

Visita o seu sitio web

NIVALION

  • Con sede en Suíza e entre os financiadores máis solventes de Europa.
  • Dilatada experiencia no financiamento de litixios en distintas xurisdicións en Europa.
  • Único operador de Europa continental que é membro da Association of Litigation Funders of England and Wales, órgano de autorregulación dos principais financiadores de litixios internacionais que se rexe por un Código de Conduta.

Visita o seu sitio web

Compass Lexecon

  • Unha das principais consultoras do mundo e de España.
  • Proxecto liderado por Elena Zoido, experta internacional en consultoría económica recoñecida por Who’s Who of Competition Economists.
  • Gran experiencia en litixios de danos por infraccións do Dereito da Competencia a nivel nacional e europeo (cárteles de camións, sobres de papel, pezas de recambio de automóbiles, chips, etc.).

Visita o seu sitio web

Se ten algunha pregunta ou precisa de máis información, non dubide en poñerse en contacto connosco. Os nosos expertos estarán encantados de axudarlle.